Retírase a campaña a prol do Decreto contra o galego

A Xunta recúa coa súa campaña contra o galego

A Xunta recúa nas súas pretensións de intensificar a campaña contra a nosa lingua logo das continuas denuncias polo emprego de fondos públicos en promover o seu desprezo.
Os medios de comunicación fixéronse eco do anuncio do Presidente da Xunta de Galiza de que renuncian á campaña de propaganda do seu Decreto contra o galego. Despois do combate permanente que desde a CIG-Ensino, e outras entidades, fixemos reiteradamente do malgasto económico desta Administración sempre para reducir a presenza do noso idioma, non lles quedaba outra saída. A presión insistente da CIG-Ensino poñendo en evidencia non só o millón de euros destinado á campaña que agora se retira, senón tamén os cartos dilapidados en tríticos e enquisas, en cuñas publicitarias realizadas en español, os oito millóns de euros para retirar os libros de texto en galego, etc. trae consigo que non teñan máis remedio que retirar esta campaña. Evidentemente esiximos que, nese mesmo camiño, se recuperen os libros de texto en galego e que cesen os ataques ao noso idioma.

Volver