
Responde á felicitación que recibiches por parte do Conselleiro de Educación
Propoñemos que enviedes este correo como resposta masiva para que coñeza, unha vez máis, cal é a opinión do profesorado galego
Prezadas compañeiras e compañeiros, recibida a felicitación de Nadal que o Conselleiro remitiu individualmente a cada un dos seus traballadores e traballadoras, consideramos oportuno darlle unha resposta despois da política de recortes aplicada ao ensino público e á campaña de desprestixio do profesorado.
Por iso vos propoñemos que enviedes este correo como resposta masiva para que coñeza, unha vez máis, cal é a opinión do profesorado galego.
Esta resposta pode ser enviada de xeito individual ou colectivo por correo electrónico ao gabinete do Conselleiro ou por fax á Secretaría Xeral da Consellaría de Educación:
gabinete.educacion@edu.xunta.es
Número de fax: 981 54 54 43
Este é o texto proposto:
Sr. Conselleiro:
Veño de recibir unha felicitación remitida por vostede, na que me desexa un bo Nadal e un feliz 2012. Debe saber que o bo Nadal está moi condicionado pola pouca consideración que vostede tivo co profesorado durante todo este ano.
Solicitámoslle que abandone a retórica. Se vostede nos quere desexar realmente un feliz 2012 cese nos recortes ao ensino público e nos ataques ao noso idioma.