Resolución das Xuntas de Persoal Docente non Universitaria sobre a Lei de Medidas Temporais en determinadas materias do emprego público

Resolución aprobada nas Xuntas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

Os Servizos Públicos son os principais instrumentos que determinan o desenvolvemento e a calidade do estado do benestar. Deles dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan as persoas e desenvolvan a lei de dependencia. Satisfán as necesidades máis básicas da cidadanía en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible, vertebran a sociedade e garanten a igualdade das persoas, asegurando unha maior cohesión social.

Os Servizos Públicos son os principais instrumentos que determinan o desenvolvemento e a calidade do estado do benestar. Deles dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan as persoas e desenvolvan a lei de dependencia. Satisfán as necesidades máis básicas da cidadanía en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible, vertebran a sociedade e garanten a igualdade das persoas, asegurando unha maior cohesión social.

Todas as medidas propostas nesta Lei supoñen un ataque brutal e inxustificado, dirixido, unha vez máis, ao conxunto dos empregados e empregadas públicos, medidas que, de aplicarse, condicionarán, aínda máis, o futuro dos Servizos Públicos en Galicia; en consecuencia, debemos rexeitar e rexeitamos todas e cada unha das medidas propostas en base ao seguinte decálogo. 

Primeira:

As medidas recollidas na Lei de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza supoñen un severo retroceso nos  dereitos laborais e sociais dos traballadores e traballadoras do sector público, dependente da Xunta de Galiza. Trátase dunha lei lesiva para  o Sector Público, para os empregados e empregadas públicos/as e para a cidadanía, pois supón unha degradación da imaxe pública dos traballadores/as, unha desvalorización da Administración Pública, unha mingua na calidade dos servizos prestados á cidadanía e a destrución de emprego. 

Segunda:

O goberno da Xunta fai recaer, unha vez máis, o custo da crise sobre os empregados e as empregadas públicos/as, xa que os traballadores e traballadoras públicos/as sufriron unha diminución do salario real medio de máis do 13% nos últimos tres anos, a taxa de reposición aplicada na administración foi moi baixa, reduciuse emprego público pola vía das interinidades/substitucións e retrocedeuse severamente en dereitos sociais. 

Terceira:

As medidas presentadas supoñen un novo erro nas políticas adoptadas para saír da crise e só terán efectos negativos tanto sobre o conxunto da actividade económica, retraendo o consumo e o poder adquisitivo dunha parte da poboación, como sobre os servizos públicos, reducindo o persoal, e, polo tanto, a calidade dos servizos que se prestan. Consideramos as medidas propostas como un acto demagóxico para xustificar a política de recortes nos servizos públicos, practicada por este goberno, mentres que o gasto público e o malgasto se dispara en asesores políticos, asistencias técnicas e gastos suntuarios, sen que este goberno adopte medidas correctoras. Non se toman medidas contra a fraude fiscal nin se aplica unha política fiscal progresiva que grave máis as rendas de capital e que pague máis o que máis ten. 

Cuarta:

Porque non se xustifican máis medidas de axuste. Desde hai tres anos, o Goberno galego reincide no recorte do gasto público como única vía de reducir o déficit público, sen que isto se traduza nunha recuperación da actividade económica. Non se pode seguir incidindo nas políticas de recorte de gastos. Galicia ten marxe e competencias para actuar en materia fiscal e obter máis ingresos para diminuír o déficit e non continuar desmantelando o Sector Público  e recortando os dereitos laborais e salariais dos seus empregados e empregadas.

Quinta:

As medidas son discrecionais, quedando, en moitos casos, ao arbitrio da Administración e provocan desigualdades entre os diferentes colectivos. Consideramos intolerábel que quen enferme pague, pois iso significa a detracción de parte das súas retribucións nesta circunstancia, para pagar a mala xestión e a dilapidación deste goberno.

Sexta:

Non todas as actuacións propostas supoñen a suspensión temporal de normas ou preceptos, o que implica, unha vez máis, que se aproveite a escusa da crise para adoptar medidas de cambios estruturais no emprego público, baixo a aparencia de medidas conxunturais. Consideramos discriminatorio que o persoal temporal ou interino poida ver reducida nun terzo a súa xornada e retribucións, mentres o seu traballo pode ser feito por empresas privadas.

Sétima:

Unha boa parte das actuacións teñen como finalidade a redución do emprego público, a ampliación da xornada ou a aposta pola xubilación do persoal que traerá consigo a amortización de postos de traballo.

Oitava:

Vulnera o dereito á negociación colectiva na Administración Galega e  no sector público autonómico, derrogando convenios e modificando unilateralmente o V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Novena:

Reduce o salario dos empregados e empregadas públicos/as, xa que recorta prestacións sociais que son salario diferido.

Décima:

Estas medidas non garanten que non poidan vir novos recortes dos Orzamentos Xerais do Estado.

Por todo isto,  a Xunta de Persoal Docente non Universitaria da provincia ESIXE a inmediata retirada deste anteproxecto de Lei medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza. 

Volver