A CIG Ensino e outras organizacións sindicais logran que as reivindicacións do persoal do Ensino Concertado cheguen as mocións dos Orzamentos

O BNG, en Marea e PSdeG presentaron emendas tal e como se comprometeran

O grupo parlamentar do BNG puxose en contacto coa CIG Ensino para comunicarnos que incluíu como emenda parcial ao articulado da Lei de Orzamentos da Xunta, a supresión do bloqueo ás negociacións laborais e salariais que constitúe o articulado da dita Lei  como o art. 53.2.

Deste xeito o BNG, tal e como nos anunciara na xuntanza mantida a semana pasada coas OO.SS do ensino concertado, efectivizou o seu compromiso en aras de defender os dereitos laborais e salariais dos cadros de persoal deste sector.

Temos constancia de que o PSdeG e En Marea tamén presentaron emendas para facilitar o cumprimento por parte do Goberno Galego das nosas demandas.

Volver