
Real Decreto 1834/2008 polo que se estabelecen as especialidades docentes de Ensino Secundario e se definen as condicións de formación de docencia en ESO,BAC, FP e EE. Especiais (BOE 28-11-08)
Real Decreto 1834/2008
REAL DECRETO 1834/2008 ESPECIALIDADES SECUNDARIA e condicións de formación para a docencia
(ESO,BAC,FP e Ensinazas Especiais)
Publicado no BOE do 28 de novembro de 2008 o Real Decreto polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e se estabelecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.
-Texto do Real Decreto no BOE 28-11-08. Ligazón
-Propostas da CIG-Ensino ao Proxecto de Real Decreto de Especialidades, presentadas na Mesa sectorial do MEC:
Engadir “sen prexuízo da preferencia a impartir as materias respectivas do anexo III (exemplo grego, latín, matemáticas)”.
Para impartir informática deben ter preferencia os docentes de Informática e Tecnoloxía respecto dos de Matemáticas. Para impartir Historia e Cultura das relixións, terán preferencia os de Historia e Filosofía sobre os de Grego e Latín e para impartir Latín terán preferencia os docentes de Latín antes que os de Grego.
Debe recoller tamén que o Corpo de mestres/mestras poida impartir ensinos nos niveis I e II de EPA.
Logo de “impartir”, engadir “de forma voluntaria”.
A impartición de máis dunha materia na ESO debe corresponderlle fixala e definila a cada Comunidade Autónoma.
A adicional 17 da LOE só a contempla como excepcional. Aquí non aparece como excepcionalidade. É inxustificable e inadmisible que se amplíe a Música e a E. Física. Esiximos que se retire todo este artigo.
Dereito do profesorado a poder optar a quedar suprimido se o traslado de ensinos é fóra da localidade onde se teña o destino.
Desde a CIG, propomos que debe abordarse, á marxe deste decreto, a formación inicial para ingresar na función docente pública, polo tanto, non debe contemplar neste Decreto todo o referente aos masteres.
Suprimir “privadas”. Quedaría así: “en centros públicos de ensino regulado debidamente autorizado”
Preferencia do profesorado de latín para impartir latín antes que os de grego.
Preferencia para impartir as materias asignadas a grego, latín e matemáticas aos especialistas.
A materia de Ciencias para o mundo contemporáneo que tamén se asigne á materia de Tecnoloxía.
O Decreto debe recoller o dereito a que o Corpo de mestres/as poida impartir as áreas das que son especialistas en 1º e 2º de ESO.
Desde a CIG-Encino, rexeitamos calquera proposta que implique que o profesorado teña que impartir materias afíns
Santiago, 29 de xaneiro de 2008