
Queremos Galego!
Parabéns a todos e todas polo éxito da manifestación
Queremos Galego! Mini e Mero na Manifestación de "Queremos Galego!" from Queremos Galego on Vimeo. Presentación de Fran Rei e intervención de Avelino Pousa Antelo from Queremos Galego on Vimeo. Patricia Vázquez le o manifesto da Plataforma "Queremos Galego!" from Queremos Galego on Vimeo. Intervención de Carlos Callón from vagalumes on Vimeo. Xurxo Souto from Queremos Galego! (A Estrada) on Vimeo.
A CIG-Ensino quere darlles os parabéns a todos e todas polo éxito da manifestación na defensa da nosa lingua. Animámosvos a adherirvos, se aínda non o fixestes, e seguir a apoiar a Plataforma “Queremos galego” na campaña de recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) e nas accións que ten previsto levar a cabo, para facerlles fronte ás agresións contra o noso idioma que está a levar a cabo o actual goberno da Xunta de Galiza.
Para as adhesións e información da plataforma: www.queremosgalego.org/