Queremos Galego consegue a adhesión de 4.530 profesoras e profesores á campaña “Dou e darei as clases en galego”

Compromiso coas aulas na nosa lingua

Para Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, "estamos ante as materias de ámbito científico-técnico e coa prohibición de impartilas en galego preténdese trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal para impartir nas aulas materias relacionadas co mundo da ciencia, aumentando así os prexuízos, os complexos e o autoodio cara o noso idioma, que é o que pretende a Consellaría de Educación e a Xunta de Galiza".Para Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, "estamos ante as materias de ámbito científico-técnico e coa prohibición de impartilas en galego preténdese trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal para impartir nas aulas materias relacionadas co mundo da ciencia, aumentando así os prexuízos, os complexos e o autoodio cara o noso idioma, que é o que pretende a Consellaría de Educación e a Xunta de Galiza". Carlos Callón: “Son 4.530 alegatos contra a prohibición de impartir algunhas materias en galego e contra a posibilidade de que este goberno expediente ao profesorado por dar as aulas no idioma do país”

Queremos Galego consegue a adhesión de 4.530 profesoras e profesores á campaña "Dou e darei as clases en galego"

Carlos Callón: "Son 4.530 alegatos contra a prohibición de impartir algunhas materias en galego e contra a posibilidade de que este goberno expediente ao profesorado por dar as aulas no idioma do país"

Queremos Galego advirte á Xunta de que "se expedienta a algún profesora ou a algunha profesora por dar as aulas en galego, todo o ensino se porá en pé"

Queremos Galego consegue a adhesión de 4.530 profesoras e profesores á campaña "Dou e darei as clases en galego" from cig-ensino on Vimeo.


Santiago de Compostela, 5 de maio de 2010.- Representantes de Queremos Galego fixeron entrega esta mañá, no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza, de 4.530 sinaturas de profesores e profesoras que se adheriron á campaña para manifestar a súa intención de continuar a impartir as aulas en galego. Coa súa sinatura o profesorado tamén manifesta explicitamente o seu rexeitamento ao decretazo contra o galego.

Desde a plataforma cidadá púxose en marcha unha campaña de recollida de pronunciamentos a través dos que o profesorado declara explicitamente que está impartindo aulas en lingua galega e que se compromete a continuar exercendo ese dereito a prol da normalización lingüística. 

A campaña púxose en marcha por mor do ataque, sen precedentes, contra o noso idioma ao incluír o mal chamado ‘decreto de plurilingüismo’ a prohibición -que por vez primeira se recolle na lexislación galega- de impartir materias en lingua galega, nomeadamente as de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, ademais de proscribir o galego na práctica en toda a educación infantil das cidades e principais vilas do país.

Para Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma Queremos Galego, "estes son 4.530 alegatos contra a prohibición do galego e en defensa da aplicación dos consensos a que chegamos entre todas e todos" e "4.530 protestas contra o feito de que Galiza sexa a única autonomía do Estado onde se poderá expedientar a unha profesora ou a un profesor por impartir as aulgas no idioma propio, algo que non acontece en ningunha outra, nin tan sequera nas gobernadas polo PP, como Valencia". Ademais, preguntouse "se o presidente da Xunta di que non fai nada máis que aplicar o seu programa, que nos explique en que punto dixo que ía prohibir que se poidan impartir aulas no noso idioma, en que punto lle dixo aos electores que se gobernaba ía expedientar a profesorado por dar as aulas en galego". 

Para Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, "estamos ante as materias de ámbito científico-técnico e coa prohibición de impartilas en galego preténdese trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal para impartir nas aulas materias relacionadas co mundo da ciencia, aumentando así os prexuízos, os complexos e o autoodio cara o noso idioma, que é o que pretende a Consellaría de Educación e a Xunta de Galiza".

Louzao e Callón tamén quixeron recoñecer a implicación das profesoras e dos profesores, ao que deron os seus parabéns, pola súa rápida reacción contra o decretazo, e porque foron "sumamente receptivos" a esta campaña, que aínda non está rematada, de recollida de sinaturas.

 Para a Plataforma Queremos Galego, co apoio a esta iniciativa, o profesorado está a enviar á Consellaría de Educación a mensaxe de que só impartindo as aulas en galego será posíbel superar a situación de diglosia en que aínda nos atopamos e na que o galego segue a ser a lingua desfavorecida e a que está a perder falantes.

De feito, o profesorado que máis se implicou nesta campaña é precisamente o que tivo que procurar a súa formación para poder impartir as materias científico-técnicas en galego e que agora "vai sufrir en propia carne as consecuencias deste decreto porque se lle obriga a impartir a súa materia en lingua castelá". Profesorado que en moitos casos, desafiou, no seu día, á ditadura franquista dando as aulas en galego ou cos que padeceron sancións, nos anos 80, por transmitir os seus coñecementos na nosa lingua.

"Este profesorado non vai aceptar expulsar, marxinar o noso idioma das aulas", aseguraron e lembraron que o ensino está moi lonxe de que o 50% das súas materias se impartan en galego e "malia iso temos un decreto que pretende que o alumnado nin sequera remate os seus estudos con competencia para podela usar".

Por iso, a Plataforma exixiu a retirada do decretazo contra o galego,a aplicación do actual decreto consensuado e aceptado pola comunidade educativa e o desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización Lingüística. Ademais, acusou ao conselleiro de Educación e ao propio Goberno galego, no seu conxunto, de "insubmisión" por negarse a aplicar a lexislación vixente. "O que se pretende é alén de atacalo e marxinalo, promover unha sensación, aos pais, nais e alumnos de que o noso idioma só vale para andar pola casa pero que non ten futuro, cando as obrigas de calquera gobernante, porque así se recolle na propia lexislación de Galiza, é promover, potenciar o uso do noso idioma".

Os representantes da Plataforma concluíron que "ou ben rectifica ou non lle queda máis remedio que dimitir porque o profesorado estalle a dicir que non só rexeita a súa política lingüística senón que mesmo está disposto a non acatala".

BOLETÍN INFORMATIVO

Volver