Queremos Galego anima a votar pola lingua o 21 de Outubro

Chama a converter o hashtags #O Home Que Ordenou A Maior Destrucion De Libros En Galego Desde 1936 Non Merece Ser Reelexido Presidente Da Xunta en TT en Twiter mañá xoves entre as doce e a unha da tarde

Queremos Galego chama a conmemorar os tres anos da celebración da manifestación multitudinaria en defensa da lingua o 18 de Outubro de 2009, participando nunha iniciativa en Twiter que consiste en converter o hashtags #O Home Que Ordenou A Maior Destrucion De Libros En Galego Desde 1936 Non Merece Ser Reelexido Presidente Da Xunta en TT en Twiter mañá xoves entre as doce e a unha da tarde.

Queremos Galego tamén fai un chamamento á sociedade galega para que o 21 de Outubro vote polo galego “con independencia da lingua que fale” e que espalle a mensaxe de que Feijoo non merece ser reelexido, xa que non só non defende a nosa lingua propia, senón que encabeza o ataque aos seus usos nos diferentes ámbitos.

Volver