Publicados no DOG os concursos de Orientación de Primara e EPAPUs
Hoxe, luns 4 de decembro publicáronse no DOG as convocatorias dos concursos de Adultos e Orientación de Primaria, en ambos aumentouse o número de prazas grazas ao traballo da CIG-Ensino en colaboración con todo o profesorado
Seguen a faltar prazas, sobre todo no Concurso de Orientación de Primaria, onde a Consellaría segue sen negociar unha rede de orientación real, por non falar da imposibilidade de realizar unha mínima atención temperá até que as aulas de infantil conten para a dotación dos departamentos de orientación.
E que dicir de centros que pola súa especificidade teñen moitas necesidades e a Consellaría segue sen dotalos ou dotándoos minimamente, incluso con departamento de orientación compartido.
Aumentáronse a petición da CIG-Ensino dúas prazas no Concurso de Orientación:
36018690-CEIP de Cabanas,
36014556-CEP Plurilingüe Santa Tegra-Teis,
Aumentáronse, a petición da CIG-Ensino 5 prazas no Concurso de Adultos, que son un 12% do total das prazas.
EPAPU Eduardo Pondal. A Coruña. Vacante de Portugués
EPAPU Santa María de Caranza. Ferrol. Vacante de Primaria e Matemáticas.
EPAPU de Bonxe. Outeiro de Rei. Vacante de Procesos e Produtos en Madeira e Moble.
EPAPU de Albeiros. Lugo. Vacante de Tecnoloxía.
Ligazón a toda a información do Concurso de Orientación de Primaria
Ligazón a toda a información do Concurso das EPAPUs