Publicado o listado de Orientación

A consellaría de educación acaba de publicar o listado do persoal interino da listaxe de Orientación de primaria

Antonte, desde a CIG ensino detectamos erros na listaxe do persoal interino para postos de orientación, posto que a lista publicada non tiña en conta as renuncias presentadas polo persoal no momento da súa primeira chamada, co cal a orde de antigüidade non se respectaba.

Desde a CIG Ensino, unha vez detectado este erro, puxémonos en contacto coa administración para mostrarlle a nosa clara posición en canto se tiña que respectar a antigüidade como nas demais listas, e esa antigüidade ten que contar tamén coas renuncias que pode presentar todo persoal interino segundo o acordo das listas de substitucións.

Podedes ver nesta ligazón a listaxe publicada hoxe pola consellaría, calquera erro que detectedes non dubidedes en comunicárnolo no seguinte correo electrónico: galiza@cig-ensino.gal

CIG

A lista publicada pola Consellaría no está actualizada

Temos comprobado que a lista publicada pola Consellaría non está actualizada, será actualizada, en palabras da Consellaría, no día de hoxe.

Na seguinte ligazón podedes ver a lista dinámica da especialidade de Orientación en primaria para ver as correccións que vaia incluíndo a Consellaría.


Outras novas sobre a Orientación de primaria e o seu persoal substituto.

1 Proxecto Orde do…de setembro de 2019 pola que se engade unha disposición adicional a Orde do 7 de xuño de 2018 (orde fixa do CADP). O cambio proposta afecta á ordenación da listaxe de Orientación de Primaria. Ligazón ao borrador. 

Ligazón ao CIG Informa

Información importante para o persoal interino de orientación de primaria: ligazón

Volver