Publicado o Concurso Xeral de Traslados
Publicadas as resolucións provisionais de mestres, secundaria e orientación do corpo de mestres
Orde de resolucións dos concursos:
1º Concurso Orientación Mestres
2º CXT
Isto implica que quen obteña destino no concurso que se resolva primeiro xa non poderá obter destino no seguinte, decaendo del.
Rercordade que é nos prazos de reclamacións cando, de querer, hai que renunciar.
Nota aclaratoria para o profesorado en prácticas.
Nos anexos da adxudicación provisional do CXT ordenados por especialidades falta todo o profesorado en prácticas.
A Consellaría vai facer pública esta listaxe hoxe mesmo.
As adxudicacións por orde alfabética están completas, con todos os destinos adxudicados.
Adxudicación provisional de mestres
Listaxe de persoas excluídas
O prazo para alegacións e renuncias é de 10 días hábiles, iniciándose o día 16/02/2022 e rematando o 01/03/2022, ambos incluídos.
Adxudicación provisional de Orientación de mestres
Consultar
Resolución provisional
Listaxe de persoas excluídas
O prazo para alegacións e renuncias é de 10 días hábiles, iniciándose o día 16/02/2022 e rematando o 01/03/2022, ambos incluídos.
-
COMO RECLAMAR
1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.
3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.
4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".
5.- A ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.
6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A/ED013A, segundo corresponda) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.
7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.
-
COMO RENUNCIAR
1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.
3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".
4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.
5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A/ED013A, segundo corresponda) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.
6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.