Publicado o concurso para as prazas de atención preferente

A Consellaría aumenta en 15 prazas as presentadas na mesa sectorial

Desde a CIG-Ensino na mesa sectorial celebrada o 10 de xuño reclamamos que se atenderan as peticións dos centros educativos, e nomeadamente as 9 que trasladamos na información da citada mesa.

A Consellaría, que se comprometera a revisar as peticións só aumentou en 15 as prazas que se suman ás 113 do borrador, atendendo 3 das nosas 9 solicitudes.

Volve quedar patente que as prazas de atención preferente non se están usando coa función para a que foron creadas, senón para cubrir as carencias dos centros educativos na atención á diversidade, e neste contexto é no cal a CIG-Ensino non entende que non se concederan as restantes prazas solicitadas.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 17 de xuño ata o 23 de xuño, ambos incluídos.

Tedes toda a información sobre o concurso para estas prazas na seguinte ligazón

Orde do 10 de xuño de 2021 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en practicas do corpo de mestres para cubrir , en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente. Ligazón

Volver