
Publicado o Concurso de Orientación do corpo de Mestres
A Consellaría atende máis do 60% das solicitudes presentadas pola CIG-Ensino
O prazo de participación abrangue do día 16 de novembro até o 7 de decembro
A consellaría atende máis do 60% das prazas solicitadas pola CIG-Ensino.
Na mesa sectorial na que se tratou o Concurso de Orientación a CIG-Ensino anunciou que lle remitiría á Consellaría unha modificación das prazas que aparecían no borrador, tanto das vacantes como das resultas, xa que había resultas que non aparecían tendo persoal definitivo cubrindo o posto de traballo.
Estas prazas, como sempre, parten da consulta feita aos centros de ensino e a afiliación.
Podedes ver as prazas, ou variacións, aceptadas pola Consellaría na táboa anexa.
Non se nos atendeu, aínda que nalgúns casos reduciron, a petición de certos centros que pedíamos que non tivesen orientación compartida tal e como figura no catálogo de postos de traballo.
Recuperaron como posíbeis resultas prazas que tendo persoal definitivo non aparecían no borrador da mesa, nomeadamente EEI do Milladoiro e CEIP Recimil.
Peticións atendidas pola Consellaría
Concello |
Centro |
|
15036-Ferrol |
15021858-CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte |
Pasa de compartir con dous centros a compartir cun só. |
15036-Ferrol |
15006699-CEIP Recimil |
Sae como vacante compartida |
15055-Neda |
15010307-CEIP San Isidro |
Sae como vacante |
15070-As Pontes de García Rodríguez |
15026194-CEIP Plurilingüe A Fraga |
Sae como vacante |
15078-Santiago de Compostela |
15015688-CEIP Raíña Fabiola |
Sae como vacante |
27006-Becerreá |
27000629-CEIP San Xoán |
Sae como vacante |
27050-Quiroga |
27013703-CEIP de Quiroga |
Sae como vacante |
32054-Ourense |
32008392-CEIP Plurilingüe Inmaculada |
Sae como resulta compartida |
36008-Cangas |
36001057-CEIP do Hío |
Sae como vacante |
36023-A Guarda |
36015135-CEIP A Sangriña |
Sae como vacante |
36033-Mos |
36016619-CEIP de Atín-Cela |
Sae como vacante |
36038-Pontevedra |
36006407-CEIP Plurilingüe Froebel |
Sae como vacante |
36043-Ponte Caldelas |
36015536-CEIP Plurilingüe A Reigosa |
Sae como vacante |
36048-0 Rosal |
36024173-CRA María Zambrano |
Sae como vacante |
36054-Tomiño |
36019049-CEIP de Barrantes |
Sae como resulta |
36057-Vigo |
36010071-CEIP Plurilingüe Santa Mariña |
Sae como resulta |
36058-Vilaboa |
36024495-CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez |
Sae como vacante |
15017-Cambre |
15023065-CEIP Gonzalo Torrente Ballester |
Sae como vacante compartida |
15017-Cambre |
15025554-CEIP Emilio González López |
Sae como vacante compartida |
36061-Vilanova de Arousa |
36013023-CEIP de San Roque |
Sae como vacante |
150300-A Coruña |
15020568-CEIP Labaca |
Sae como vacante |
ORDE do 5 de novembro de 2021 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A). Ligazón
Ligazón a toda a información do concurso de orientación