Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas oposicións

Consulta na nova o prazo e as instrucións para reclamar

O prazo para presentar reclamacións é de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación na web, polo que comzará o 20 de abril e rematará o 4 de maio.

COMO RECLAMAR

As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido no apartado segundo da base sexta da Orde do 18 de febreiro de 2026

Para realizar reclamacións á listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

2- Autenticarse mediante calquera dos mecanismos admitidos na sede electrónica (Chave365, certificado electrónico,...)

3.- Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo do ano 2026 (código de procedemento ED001A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á ESPECIALIDADE E CONVOCATORIA DO ANO 2026.

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.

No caso das persoas que non figuren na listaxes de persoas admitidas/excluídas as alegacións deberán realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica (menú Trámites, Solicitude xenérica)

Volver