Publicada no DOG a Resolución do Fondo de Acción Social das prestacións de discapacidade e Vivenda

Fondo Acción Social

Resolución do 10 de outubro de 2008, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listaxes provisorias das axudas aprobadas e denegadas das prestacións de discapacidade e vivenda do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2007 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.

Fondo Acción Social 2007 Resolución Definitiva.

Consulta a túa situación, é necesario o DNI: Ligazón
Publicado no DOG 1/12/08 Resolución 27/11/08


Fondo Acción Social 2007 Resolución Provisional.

Consulta a túa situación, é necesario o DNI: Ligazón

Páxina da Dirección Xeral da Función Pública con información sobre o Fondo de Acción Social: Ligazón

CIG Informa sobre a problemática do FAS e a Axuda de Vivenda: Ligazón

Resolución do 10 de outubro de 2008, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listaxes provisorias das axudas aprobadas e denegadas das prestacións de discapacidade e vivenda do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2007 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.

Resolución do 2 de setembro de 2008, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisorias das axudas aprobadas e denegadas das prestacións de xubilación, fillos menores, estudos dos fillos, estudos do traballador, maiores a cargo e gastos sanitarios do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2007 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia (DOG do 8 de setembro de 2008). 


Fondo Acción Social 2007 Convocatoria.

Criterios de repartición do fondo de acción social da Xunta de Galiza para o exercicio económico do ano 2007 (DOG do 19 de maio de 2008).
Solicitudes e Consultas do Fondo de Acción Social (Ligazón).
Procedemento, lugar e prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas de acción social do ano 2007 (Ligazón DOG).
Ampliado o prazo de presentación de solicitudes do FAS até o día 10 de xuño (Ligazón DOG).


Fondo Acción Social 2007 Manuais.

Manual FAS do certificador. Criterios de validación das solicitudes. Ligazón.
Manual FAS de axuda sobre como xerar as solicitudes. Ligazón.
Manual Manual FAS do usuario da aplicación de certificación. Ligazón.


Fondo Acción Social 2007 Nota de prensa da CIG-Ensino

A MODIFICACIÓN NA TRAMITACIÓN DO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL ESTÁ XERANDO INQUIETUDE ENTRE O PROFESORADO POLO DIFICIL ACCESO AO FORMULARIO EN LIÑA E IMPLICA MÁIS TRABALLO PARA AS DIRECCIÓNS DO CENTROS DE ENSINO


Diante das numerosas peticións recibidas por parte das direccións dos centros educativos de Galiza, a CIG-Ensino está a realizar unha campaña para tentar mudar o procedemento de certificación das solicitudes do Fondo de Acción Social.
O maior problema do novo sistema implantado este ano é o incremento de volume de traballo para uns equipos directivos xa sobrecargados. Non esquezamos que moitos destes centros seguen sen ter administrativo/a.
Por se isto fose pouco, a aplicación web na que teñen que realizar esta certificación ten moitísimos problemas de funcionamento.
A CIG-Ensino presentou escritos poñendo en coñecemento da administración, tanto de Presidencia como de Educación, esta situación e esixindo unha solución. 
Á súa vez a CIG-Ensino dirixiuse ás Direccións dos Centros para que remitiran un escrito neste mesmo sentido que se pode descargar desde a seguinte ligazón: Proposta de escrito para os equipos directivos 

CIG-Informa sobre esta problemática. Imprime e espállao.

Volver