
Publicada no DOG a resolución coas datas do CADP
O DOG do luns 20 de xuño publica as datas do CADP, cuxa adxudicación provisional e definitiva será común para todos os corpos
O prazo de participación comeza mañá martes 21 de xuño.
Ligazón á resolución pola que se convoca o CADP.
Datas de interese
- Prazo de solicitude: do 21 de xuño até o 12 de xullo.
- Relación provisional do persoal obrigado a participar: 7 de xullo. Reclamacións: 5 días hábiles.
- Relación definitiva do persoal obrigado a participar: 26 de xullo.
- Lista provisional do persoal excluído da participación: 7 de xullo. Reclamacións: 5 días hábiles.
- Lista definitiva do persoal excluído da participación: 26 de xullo.
- Resolución provisional: 26 de xullo.
- Reclamacións: 2 días hábiles
- Adxudicación definitiva: 2 de agosto.