Publicada no DOG a Orde que regula as Oposicións do 2014

O prazo de presentación é de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación

Este mércores 26 de marzo sae publicada no DOG a orde pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades. O prazo para presentar as solicitudes é de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. No interior da nova tes acceso á orde e a información relacionada co proceso seletivo.

ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón

Mais información sobre o proceso selectivo Ligazón 

Volver