
Publicada no DOG a ORDE pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos
O prazo de presentación de solicitudes será do 23 de xuño ao 14 de xullo
O DOG de hoxe publica a Orde que convoca o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 23 de xuño ao 14 de xullo, ambos incluídos.
A solicitude cubrirase de forma electrónica accedendo á seguinte ligazón.
Consulta a Orde na seguinte ligazón