Publicada no DOG a convocatoria de oposicións 2022

O prazo de inscrición será do 1 ao 21 de febreiro

ORDE do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Ligazón

Prazo de inscrición

Do 1 ao 21 de febreiro

A Consellaría modifica as prazas de Portugués na convocatoria de oposicións

As prazas de Portugués pasan de 4 a 6 prazas. As 2 prazas retíranse da especialidade de FOL. A CIG-Ensino solicitara na Mesa Sectorial que a Consellaría se abrise a negociar tanto o total das prazas como o reparto por especialidades, ao que se negou a administración, decisión que agora rectifica puntualmente.

Unha das especialidades nas que a CIG-Ensino consideraba que debían incrementar as prazas era Portugués e así llo trasladamos á Consellaría. Aínda que a oferta nesta especialidade podía ser aínda superior, consideramos positivo o incremento. Lamentamos o peche en banda da administración educativa á hora de facer máis cambios no resto de especialidades.

Toda a información sobre as oposicións nas seguintes ligazóns.

Ligazón á sección de oposicións da nosa páxina

Ligazón á información das oposicións de primaria.

Ligazón á información das oposicións de secundaria.

 

Volver