Publicada a resolución provisional do CXT

Na páxina web da Consellaría de Educación

A Consellaría de Educación vén de publicar a resolución provisional do CXT.

Ligazón para acceder á aplicación do CXT

CONCURSO DE TRASLADOS 2015/2016 (INSPECTORES).

CONCURSO DE TRASLADOS 2015/2016 (SECUNDARIA E OUTROS)

CONCURSO DE TRASLADOS 2015/2016 (PRIMARIA)

Información da Consellaria sobre reclamacións e renuncias

De acordo co establecido na base vixésimo oitava, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia á súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva.

O prazo, tanto para as reclamacións, como para as renuncias será desde o venres día 11 ao luns 21 de marzo, ambos incluídos.

As reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base vixésimo primeira, podendo envialas, unha vez rexistradas a:

Primaria:         Fax: 881999241

                      Correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es

Secundaria:     Fax: 981545484

                     Correo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es


Toda a información sobre o Concurso Xeral de Traslados de Mestres Ligazón

Toda a información sobre o Concurso Xeral de Traslados de Secundaria Ligazón 

Volver