Publicada a resolución provisional do CXT de primaria, orientación e adultos do corpo de mestres
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.
O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estean participando simultaneamente en varios concursos, e que obteña destino nun concurso que se resolva primeiro xa non poderá obter destino nos seguintes, decaendo deles.
A previsión de resolucións dos concursos é:
- Concurso EPA,
- Concurso Orientación Mestres.
- CXT.
Adxudicación Provisional corpos de educación infantil e primaria
Resolución da adxudicación provisional de primaria
Listaxe de persoas excluídas primaria
Resolución completa do ministerio A-C D-G H-M N-R S-Z
O prazo para formular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 12 e 25 de marzo, ambos incluídos.
Adxudicación Provisional do Concurso específico de Orientación nos CEIP
Resolución provisional de orientación
Adxudicación provisional de orientación
O prazo para formular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 12 e 25 de marzo, ambos incluídos.
Adxudicación Provisional do Concurso específico de adultos de primaria
Resolución provisional de adultos primaria
Adxudicación provisional de adultos primaria
O prazo para formular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 12 e 18 de marzo, ambos incluídos.
Para reclamar o baremo ou renunciar ao concurso, deberanse seguir as seguintes instrucións:
Pasos a seguir para reclamar:
1º Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.
2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.
3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".
4º Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar.
Pasos a seguir para renunciar:
1º Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.
2º Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".
3º Imprimir o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.
4º Presentar o documento asinado.
Toda a información do CXT de primaria e infantil na seguinte ligazón
Toda a información do Concurso de orientación na seguinte ligazón
Toda a información do Concurso de adultos na seguinte ligazón