
Publicada a resolución provisional do Concurso de Orientación do Corpo de Mestres
Unha vez que se publique no DOG, haberá un prazo de 10 días hábiles para presentar reclamacións e renuncias.
A Consellaría de Educación publicou no seu portal na internet a resolución provisional do concurso específico para xefaturas de departamento de orientación en centros de infantil e primaria.
Pódese consultar a resolución cos destinos adxudicados na seguinte ligazón.
Tamén se pode consultar a relación completa de participantes co baremo final na seguinte ligazón.
Toda a información deste concurso atópase na páxina especial de seguimento do CONCURSO DE ORIENTACIÓN da CIG-ENSINO.