Publicada a resolución provisional do CADP para o curso 2026/27

O prazo de reclamacións e renuncias será o 27 e 28 de xullo

Resolución da adxudicación provisional

Resolución. Ligazón

Adxudicación provisional Mestres (Orde Alfabética). Ligazón

Adxudicación provisional Mestres (Orde adxudicación). Ligazón

Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde Alfabética). Ligazón

Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde adxudicación). Ligazón

Reclamacións e renuncias

RECLAMACIÓNS:

Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e os corpos de secundaria

As reclamacións deberán formularse, en todo caso, por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible en https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED002B). Para iso, deberá seguirse o seguinte procedemento:

  1. Acceder á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese mediante Chave 365 ou certificado dixital.

  2. Localizar o ÚLTIMO EXPEDIENTE correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais (ED002B) e prema no botón Acción: Alegacións.

AVISO: se a solicitude foi recuperada de convocatorias anteriores ou non se completou correctamente a presentación na sede, e por iso non é posible realizar accións sobre o expediente, deberá empregarse a solicitude xenérica PR004A, dispoñible na sede, para formular as alegacións. Neste caso, no campo "Expón" da solicitude deberá indicarse: RECLAMACIÓN CADP MESTRES ou RECLAMACIÓN CADP SECUNDARIA, segundo corresponda.

  1. Cubrir o formulario, asinalo e finalizar a presentación na sede seguindo os pasos indicados.

  2. Descargar o recibo electrónico de presentación da reclamación.

AVISO: o trámite estará dispoñible a partir do luns 27 de xullo de 2026.

RENUNCIAS:

Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e os corpos de secundaria.

A) Persoal interino e substituto:

As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse unicamente a través da aplicación web http://edu.xunta.es/cadp, sen necesidade de presentalas na sede electrónica da Xunta de Galicia. Esta opción está reservada exclusivamente ao persoal funcionario interino e substituto.

Para renunciar deberá proceder do seguinte xeito:

  1. Acceder á aplicación web https://www.edu.xunta.gal/cadp e identificarse mediante Chave365 ou certificado dixital, segundo corresponda.
  2. Ir ao menú Instancias e indicar aquelas ás que se renuncia (columna "Accións").
  3. Descargar o comprobante da renuncia ou renuncias presentadas (non é necesario presentar este comprobante).

Se se renuncia a todas as especialidades, a aplicación solicitará, na última especialidade á que se renuncie, que se indique a causa e se achegue a documentación xustificativa. Só se permite adxuntar un arquivo, polo que, no caso de necesitar achegar máis dun, deberán agruparse todos nun ficheiro comprimido antes de subilo á aplicación.

Cando se renuncie a todas as listas, será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada aos seguintes enderezos electrónicos:

persoal.primaria@edu.xunta.gal: para o corpos de mestres

persoal.secundaria@edu.xunta.galpara os corpos de secundaria e outros

B) Outros colectivos

Deberá empregarse o formulario de solicitude xenérica PR004 para renunciar á adxudicación dunha comisión de servizos ou a unha solicitude formulada pola modalidade ordinaria, unicamente para os colectivos con destino definitivo (persoal docente de conservatorio, de EOI ou de Agraria). O procedemento é o seguinte:

  1. Acceder á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identificarse mediante Chave365 ou certificado dixital.
  2. Cubrir o formulario de solicitude xenérica PR004, indicando no campo "Expón": RENUNCIA CADP MESTRES ou RENUNCIA CADP SECUNDARIA, segundo corresponda.
  3. Asinar e finalizar a presentación na sede seguindo os pasos indicados.
  4. Descargar o recibo electrónico de presentación.
  5. No caso de participar por máis dunha modalidade (ordinaria máis comisión por saúde ou conciliación) e desexar renunciar a ambas, deberá presentarse unha renuncia independente para cada unha. Se só se renuncia a unha delas, esta non poderá corresponder á solicitude formulada pola modalidade ordinaria, no caso do persoal funcionario de carreira ou en prácticas que non teña destino definitivo.

AVISO: o trámite estará dispoñible a partir do luns 27 de xullo de 2026.

Toda a información sobre o CADP do corpo de mestras. Ligazón
Toda a información sobre o CADP dos restantes corpos. Ligazón

A adxudicación definitiva está prevista para o 3 de agosto

Volver