
Publicada a resolución provisional do CADP de Primaria
Reclamacións e renuncias: 2 días hábiles.
- Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres
1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia aquí e identifíquese coa súa Chave 365.
2º Localice o expediente correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais e prema no botón Acción: Alegacións (no caso de que se lle recuperará a súa solicitude de convocatorias anteriores e non poida realizar accións sobre o expediente deberá empregar a solicitude xenérica PR004A dispoñible na sede para formular as alegacións).
3º Cubra o formulario, asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.
4º Descargue o recibo electrónico de presentación da súa reclamación.
- Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres
1º Acceder á aplicación CADP e autenticarse.
2º Ir ao menú Instancias e indicar as instancias ás que se renuncia (Columna accións)
3º Descargue o comprobante da renuncia ou renuncias que presentou, este comprobante non é necesario que o presente.
4º No caso de renunciar a todas as especialidades, a aplicación solicitaralle na última especialidade a que renuncie que indique a causa e achegue a documentación xustificativa. Só se permite engadir un arquivo de modo que no caso de que necesite achegar máis dun deberá xuntar todos os arquivos nun arquivo comprimido e engadir este na aplicación informática.
Ligazón a toda a información do CADP de Primaria
Adxudicación definitiva: 2 de agosto