Publicada a adxudicación provisional do CXT dos corpos de secundaria
O prazo de reclamación e renuncias comeza o vindeiro luns e abrangue ata o 10 de marzo
A adxudicación do corpo de mestras publicarase o 7 de marzo
Reclamar o baremo
Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo na súa instancia presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/
1. Unha vez feita esta comprobación, Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
2. Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.
3. Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.
4. Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".
5. A ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.
6. Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.
7. Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
8. Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.
Reclamar á exclusión provisional
Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.
Renunciar
1. Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
2. Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.
3. Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".
4. Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.
5. Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.
6. Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
7. Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.