Proxecto de R. D. de especialidades do corpo de mestres e outras ordes e decretos serán tratados na xuntanza

Reunión da Mesa Sectorial do MEC

Nesta mesa, despois da demanda que lle fixemos ao Ministerio, a CIG vai propor que se levante a limitación do 10% da taxa de reposición de efectivos, isto é, que saian a oferta de emprego todas as vacantes existentes e non só un 10% delas. Asi mesmo, debido a que o periodo transitorio de acceso a función pública, establecido na disposición transitoria 17 da LOE, en diferentes materias non foi aplicado ao non haber convocatorias, e que se pon en perigo no presente debido a previsión de redución da oferta pública, propomos que se ten que tomar en consideración esta situación e, polo tanto, se debe ampliar para facer efectivo na práctica o que pretende esta disposición.

Orde do día da xuntanza da Mesa Sectorial do MEC:

1. Proxecto de R.D. polo que se establecen as especialidades docentes do Corpo de Mestres que desempeñará as súas funcións nas Etapas de Educación Infantil e Educación primaria reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Ligazón


2. Real Decreto polo que se modifica o Real Decreto 336/2010, de 19 de marzo, polo que se establecen as especialidades dos Corpos de Catedráticos e de Profesores de Escolas de Idiomas aos que se refire a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Ligazón


3. Orde pola que se regula a convocatoria de recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado de ensinos previos á Universidade e establece a equivalencia doutras actividades e titulacións (tende en conta que esto só é vixente para o territorio MEC)

Ligazón

4. Informe dos Programas de Cooperación Territorial 2010-2011.

Ligazón

5. Información e opinións sindicais sobre a Disposición Transitoria Decimoséptima da LOE, sobre acceso á función pública docente.



6. Rogos e preguntas.

Volver