Propostas da CIG-Ensino para resolver situación insostíbel que sofre o profesorado de Música

Non é aceptábel que o profesorado de PES teña que pasar outra oposición para ter un destino definitivo e tampouco que se convoque só oposicións de acceso aos conservatorios e non de ingreso o que impide que se presenten os/as interinos/as

A falta de planificación da Consellaría, o desinterese da administración polas ensinanzas musicais, a perda de carga horaria da materia de Música na ESO e bacharelato, tanto coa LOE como coa LOMCE; a utilización de criterios economicistas, a redución de postos de traballo e o uso da materia de Música como comodín para completar horario doutras materias comporta que neste momento aínda haxa 45 docentes do corpo de Música en expectativa de destino, despois de máis de 9 ou 10 anos nesta situación, 26 dos e das cales imparten clase este curso nos conservatorios.

Ligazón

Volver