Prevista unha corrección de erros na convocatoria do CADP

A CIG-Ensino solicitou á Consellaría que se revisasen os centros que se poden solicitar no CADP para o curso 2021/22 e que neste momento está co prazo aberto de solicitudes.

ACTUALIZACIÓN

O DOG do mércores 7 de xullo recolle a corrección de erros. Ligazón

A CIG-Ensino advertía de que xa o ano pasado os CFEA de Guísamo e CFEA Pedro Murias seguían sen estar incluídos no CADP, tal e como aconteceu o curso pasado, o que implicou para este curso que algunhas vacantes se adxudicaran en chamamentos ao inicio de setembro, fóra do CADP. Para evitar novas discriminacións na adxudicación deste ano, a CIG-Ensino solicitou a incorporación destes centros e a revisión doutros que puidesen estar nunha situación similar.

A Consellaría vén de nos informar positivamente, indicando que está prevista unha corrección de erros mais sen indicar a data concreta. Recomendamos a todas as persoas participantes que estean atentas ás incorporacións destes ou outros centros, lembrando que, se xa se presentou unha solicitude neste días pode facerse unha nova, sendo a última instancia correctamente rexistrada na sede electrónica a que ten validez.

Volver