Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos 2025-26

Resolución definitiva

Resolución. Ligazón
Admitidas, excluídas e baremo definitivo. Ligazón
Adxudicación. Ligazón

Prazo de un mes para formular recurso de reposición por medios electrónicos no procedemento normalizado ED013C contra a Orde pola que se resolve a adxudicación definitiva unha vez publicada no DOG.

Resolución provisional

Resolución. Ligazón
Admitidas, excluídas e baremo provisional. Ligazón
Adxudicación. Ligazón
Prazo de reclamacións e renuncias: do 24 ao 31 de xullo cunha alegación no procedemento ED013C.

Nova convocatoria

ORDE do 23 de xuño de 2025 pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería. Ligazón

Novo prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación, e polo tanto comprende dende o 30 de xuño até o 4 de xullo.

Convocatoria e anulación da mesma

ORDE do 5 de xuño de 2025 pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (código de procedemento ED013C). Ligazón 

ORDE do 23 de xuño de 2025 pola que se deixa sen efecto a Orde do 5 de xuño pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería. Ligazón

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación, e polo tanto comprende dende o 19 até o 25 de xuño

Debido a un problema técnico, mañá non estará aberto en sede o procedemento para solicitar as prazas de convenio. Avisaremos dos novos prazos.

Nota aclaratoria sobre o proxecto

Na orde do 5 de xuño de 2025 pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería existe unha discrepancia entre o apartado 5.3.1 b) onde di que o proxecto de traballo será dunha extensión máxima de 20 páxinas tamaño folio, formato DIN-A4, a dobre espazo e  letra tipo Arial, a 12 puntos sen comprimir mentres que no baremo di que será orixinal, en galego, cunha extensión máxima de  20 folios DIN A4, tipo de letra Arial ou Xunta Sans, tamaño  de letra 12 e espazado 1,5.

A administración confírmanos que sacarán unha corrección de erros, indícannos que o correcto é o do baremo, é dicir, en galego, 20 A4, arial ou Xunta Sans, tamaño 12 e interliñado 1,5. 

Volver