Prazas docentes no exterior 2020/2021

Prazas no exterior do Estado Español

NOTA INFORMATIVA SOBRE AS DATAS PREVISTAS PARA AS ACTUACIÓNS A SEGUIR NOS CONCURSOS PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DE ASESORES TÉCNICOS E PERSOAL DOCENTE NO EXTERIOR.

Co obxecto de que as participantes nos concursos públicos de méritos para a provisión de postos de asesoras técnicos e persoal docente no exterior, convocados pola Resolución de 19 de novembro de 2019 (BOE do 23 de novembro), poidan estar informadas coa suficiente antelación das actuacións a seguir, unha vez está disposta a súa reanudación, anúnciase:

A realización da fase específica será a partir da primeira semana do mes de marzo, sempre que a evolución do coronavirus COVID19 e as recomendacións sanitarias así o permitan.

Calendario previsto para a exposición das listas definitivas de admitidas e excluídas: a partir do día 20 de xaneiro de 2021. De acordo co citado calendario, a data de publicación será a que se anuncie definitivamente mediante a correspondente Resolución, de conformidade coa base cuarta, apartado 3, das convocatorias e que se publicará na páxina web.

  • Profesorado interino no exterior

    Francia

    Prazo de presentación de solicitudes: do 5 ao 18 de febreiro ás 14.00

    Marrocos

    Prazo de presentación de solicitudes: do 9 ao 23 de febreiro

    Italia

    Prazo de presentación de solicitudes: do 11 ao 24 de febreiro ás 17.30.

  • Profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido)

    ORDE do 26 de agosto de 2020 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido). Ligazón

    ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se convoca un concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido). Ligazón

    Prazo de presentación: 23 de xuño ao 14 de xullo

    Requisitos.

    a) Ser persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de mestres que ademais conte coa licenciatura en filoloxía hispánica (subsección galego-portugués), filoloxía románica (subsección galaico-portuguesa) ou filoloxía galega, e mais os catedráticos, catedráticas, profesores e profesoras de ensino secundario de lingua e literatura galegas. 

    b) Ter unha antigüidade de polo menos dous anos como persoal funcionario na función pública docente. 

    c) Ter impartido docencia directa como persoal funcionario durante un período de polo menos dous anos, e ter impartido durante eses dous anos a materia de lingua e literatura galegas. 

    d) Estar en situación de servizo activo e estar prestando servizos nun centro educativo ou organismo dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. 

    No suposto de estar nunha situación administrativa distinta da de servizo activo, poderán presentarse tamén os que reúnan os requisitos relacionados nas alíneas a), b) e c) anteriores, sempre que o último centro en que se prestou servizos sexa dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e se reúnan os requisitos para reingresar con efectividade do 1 de xullo de 2020. 

    Todos os requisitos enumerados anteriormente deberán posuírse e ser acreditados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. 

  • Profesores interinos en programas educativos no exterior

    Convocatoria para a formación das listas de aspirantes a cubrir postos docentes en réxime de interinidade das secciones españolas de Miami e Nova York e da Agrupación de Lingua e Cultura Españolas de Nova York dependentes da Consellería de Educación da Embaixada de España en Estados Unidos e Canadá para o curso 2020-2021.

    Convocatoria do proceso selectivo

    Prazo de solicitude:

    • Desde o 25 de xuño de 2020
    • Até o 16 de xullo de 2020

     

    Páxina do ministerio: ligazón

Volver