Por un ensino público sen recortes
Material para as concentracións
Participa, por un ensino público sen recortes, concéntrate mañá mércores, en Compostela ou no teu centro.
Imprime e difunde.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca a toda a comunidade educativa a responder aos recortes da Xunta.
Promove unha resposta descentralizada nos centros educativos na véspera do comezo das clases, o día 7 de setembro, ademais dun acto central diante da Consellaría ás 11:30 horas.
Un comezo de curso pospandémico?
A “volta á normalidade” dos recortes e do abandono do ensino público.
O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, fixo unha avaliación da situación do inicio deste curso e anunciou as concentracións que van ter lugar este mércores día 7 contra os recortes da Xunta.
Novas relacionadas