Polo dereito a unha xubilación anticipada indefinida do profesorado

XUBILACIÓN ANTICIPADA

Estamos agora a intensificar a campaña porque, como saberás, remata o período transitorio da vixencia deste dereito que xa no seu momento conseguiu prorrogar a CIG-Ensino a través dunha emenda presentada polo grupo do BNG no Congreso. En maio de 2011 expira esta prórroga e, nunha das cláusulas, na disposición transitoria segunda, apartado 8, establece que o "o goberno, previa consulta ás Comunidades Autónomas, procederá a revisión do tempo referido ao réxime de xubilación voluntaria así como dos requisitos esixidos", polo cal o MEC debe iniciar xa negociacións coas Comunidades Autónomas e organizacións sindicais, cousa que aínda non encetaron a pesar de que na xuntanza mantida pola CIG-Ensino co Ministro, este manifestoulle a súa vontade de levalas a cabo.

A CIG-Ensino maniféstase mañá, día 21, en Madrid, pola xubilación anticipada indefinida do profesorado

A CIG-Ensino leva tempo desenvolvendo unha campaña a prol de lograr a consolidación da actual xubilación anticipada no ensino

Estamos agora a intensificar a campaña porque, como saberás, remata o período transitorio da vixencia deste dereito que xa no seu momento conseguiu prorrogar a CIG-Ensino a través dunha emenda presentada polo grupo do BNG no Congreso. En maio de 2011 expira esta prórroga e, nunha das cláusulas, na disposición transitoria segunda, apartado 8, establece que o "o goberno, previa consulta ás Comunidades Autónomas, procederá a revisión do tempo referido ao réxime de xubilación voluntaria así como dos requisitos esixidos", polo cal o MEC debe iniciar xa negociacións coas Comunidades Autónomas e organizacións sindicais, cousa que aínda non encetaron a pesar de que na xuntanza mantida pola CIG-Ensino co Ministro, este manifestoulle a súa vontade de levalas a cabo.

Diante disto, a CIG-Ensino participa, xunto con outros sindicatos na manifestación que terá lugar en Madrid mañá, día 21 de abril, para esixir do MEC que empece as negociacións co fin de lograr consolidar esta conquista social.

Volver