Pola comunicación en galego das empresas concesionarias da Consellaría de Educación

Normalización lingüistica

A CIG-Ensino demanda da Consellaría que se dirixa as empresas subministradoras para pregarlle que empreguen o galego na correspondencia cos centros de ensino, nomeadamente REPSOL, que ten a concesión do servizo de gas

Polo uso da nosa idioma polas empresas subministradoras da Consellaría de Educación

Estamos a constatar que a concesionaria dos servizos de subministro de Gas aos centros de Ensino está a remitir as súas comunicacións en lingua española en vez de en galego a pesar de estaren asinados desde A Coruña.
 
Tendo en conta os beneficios obtidos por esta concesión por parte desta empresa privada, sería conveniente de cara a potenciar o uso do noso idioma que a Consellaría de Educación aproveitara esta situación para demandar da dita empresa que fixera uso da nosa lingua, cando menos, nos escritos remitidos á administración, ampliando o número de grupos empresariais que están a mudar a súa correspondencia e publicidade utilizando o galego, co que isto suporía de contribución á normalización lingüística.
 
Por iso, reclamamos á Consellaría de Educación que, en nome de todos os centros de ensino subministrados por Repsol, se dirixa a esta empresa para solicitarlle que, de agora en diante, trate de usar a nosa lingua nos escritos que achegan aos seus usuarios e, nomeadamente, aos centros dependentes da Administración Educativa.
 

Volver