Pola calidade do ensino público, non ao incremento do horario lectivo para o profesorado nin á redución dos cadros de persoal

Esta manifestación é a segunda mobilización dun calendario máis extenso coa que o profesorado galego quere dar cumprida resposta á actitude impositiva e antidialogante do Conselleiro de Educación e o seu equipo.

Todas as organizacións sindicais convocamos esta manifestación para esixir a retirada da proposta de incremento de horario lectivo para o profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria e o incremento das funcións do profesorado. Igualmente, esiximos o mantemento e o cumprimento do Acordo de 8 de xuño de 2007, sobre a xornada de traballo do profesorado do Corpo de Mestres.

Mañá, martes, 28 de xuño, o profesorado galego de Educación Infantil, Primaria e Secundaria está convocado a unha manifestación que partirá ás 11:30 da Praza do Toural, en Compostela, para dirixirse á Consellaría de Educación.

Esta manifestación é a segunda mobilización dun calendario máis extenso coa que o profesorado galego quere dar cumprida resposta á actitude impositiva e antidialogante do Conselleiro de Educación e o seu equipo. 

Todas as organizacións sindicais convocamos esta manifestación para esixir a retirada da proposta de incremento de horario lectivo para o profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria e o incremento das funcións do profesorado. Igualmente, esiximos o mantemento e o cumprimento do Acordo de 8 de xuño de 2007, sobre a xornada de traballo do profesorado do Corpo de Mestres.

Estas propostas xa foron realizadas na Mesa Sectorial de 21 de xuño por todas as organizacións sindicais nela presentes e que representamos aos máis de 32.000 docentes do Ensino Público.

Denunciamos o talante antidialogante e a prepotencia da Consellaría de Educación que se negou a atender as nosas demandas e do Conselleiro que a preside que se negou a reunirse co órgano de representación do profesorado. Denunciamos tamén os seus ataques constantes ao ensino público, agora contra o profesorado, coa única intención de desprestixiar o público en favor do privado. 

Todo indica que a manifestación de mañá será multitudinaria e canalizará o descontento unánime do conxunto do profesorado galego, que se sente desprezado e “ninguneado” pola Consellaría.

CIG-ENSINO  CCOO-ENSINO          FETE-UGT ANPE STEG    CSI-F

Volver