Peregrinaxe reivindicativa pola retirada da circular 5/2009 nas EOIs

Escolas Oficiais de Idiomas en loita

Segue a loita das Escolas Oficiais de Idiomas contra os recortes e autoritarismo da Consellaría Educación. O pasado día 23 de xaneiro celebrouse unha "peregrinaxe" reivindicativa desde o Monte do Gozo até o Obradoiro para denunciar os recortes nas Escolas Oficiais de Idiomas cos graves prexuizos para os traballadores e usuarios deste servizo público. Anxo Louzao fixo fincapé en que contrasta esta actitude de redución dos servizos de ensino das linguas nun momento en que se utiliza como excusa para a reducción do galego a ensinanza do inglés. A directora da EOI de Santiago tamén denunciou o despotismo e escurantismo da administración ao non escoitar nin contar cos docentes das EOIs a hora de lexislar, concretamente na elaboración do ROC. Insisten en pedir a retirada da circular 5/2009 e volver ao consenso anterior.
Peregrinaxe reivindicativa das EOIs

Volver