Peche na Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Loita pola retira da circular 5/2009

Hoxe, martes 13 de marzo, iniciouse o peche na E.O.I da Coruña logo de se teren celebrado os das E.O.I. de Ferrol e Pontevedra. Ao redor de 80 participantes, entre profesorado do propio centro e representantes sindicais da CIG-Ensino e outras OO.SS. convocantes das mobilizacións en contra da Circular 5/2009, déronse cita na entrada principal do edificio educativo, no que estaban dispostas media ducia de tendas de campaña que servirán de acomodo ao participantes no peche até o remate do mesmo, na mañá do xoves 15 de outubro. A medida, que forma parte do conxunto de accións que as organizacións sindicais e o profesorado están levando a cabo en contra da circular, dá continuidade á folga convocada o pasado 9 e 10 de setembro nas EEOOII, secundada pola inmensa maioría dos docentes.

Peche na Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Album de fotos

No peche deuse lectura a un comunicado aprobado nun claustro celebrado o pasado sábado 26 de setembro no que se incide nas liñas reivindicativas que están a marcar as distintas mobilizacións de todo o profesorado das EOI galegas e que a CIG-Ensino promoveu e apoia totalmente.
No acto en presenza dos distintos medios de prensa comunicouse a declaración por parte do claustro de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación, Vázquez Abad, e do seu Director Xeral de Educación, Mira Lema. Así mesmo, informouse da próxima convocatoria dun Consello Escolar no que se proporá esta mesma decisión.
Como demandas do colectivo sinaláronse as seguintes:

Esixencia de negociación da Circular 5/2009 na Mesa Sectorial.

  1. Rectificación inmediata das diferentes calumnias e difamacións ás que se ven sometidos os docentes das E.O.I. por parte do propio Conselleiro e do Director Xeral.

  2. Denuncia da redución do cadro de persoal, que poderá chegar até un 25% coa aplicación total da Circular.

  3. Empeoramento da calidade educativa coa eliminación das clases complementarias que, con carácter lectivo, servían de reforzo e mellora para o alumnado.

  4. Menor oferta de horas de clase á semana para o alumnado e redución das horas de atención do profesorado.

  5. Redución da oferta educativa nas franxas horarias máis demandadas.

Denunciouse así mesmo a actuación da Inspección Educativa, que vén de obrigar a mudar os horarios a todo o profesorado, pasando a 4 grupos por docente e abrindo un novo período de matriculación para unhas franxas horarias matinais sen demanda.

Dentro das actividades programadas durante o peche, están a disposición do alumnado da E.O.I. senllos escritos dirixidos ao Conselleiro e ao Director Xeral apoiando as demandas do profesorado. Ao tempo, o centro docente está absolutamente repleto de cartaces reivindicativos e divulgativos da mobilización en marcha.
Desde a CIG-Ensino denunciamos a actitude prepotente e antidemocrática dos responsábeis políticos do P.P., que fan ouvidos xordos a un auténtico clamor do profesorado afectado e da totalidade das OO.SS., negándose a abrir vías de diálogo e entendemento neste conflito. Desde o sindicato maioritario no ensino público galego amosamos unha vez máis o noso total apoio ás mobilizacións e animamos a seguir na loita contra os ataques ao ensino público acometidos polos sectores máis reaccionarios do P.P. desde a Consellaría de Educación.
Cando o próximo día 15 se levante o peche na Coruña, os compañeiros e compañeiras da E.O.I. De Vigo tomarán o relevo.

Volver