Peche na Escola de Idiomas de Vigo

Retirada da circular 5/2009

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo comezou o xoves 15 de outubro un peche pola circular 5/2009, e este encerro continuará tamén na xornada do 16 de outubro. Para explicar os motivos deste novo peche, enmarcado nunha serie de encerros nas Escolas Oficiais de Idiomas que están a percorrer todo o país, realizouse unha rolda de prensa para amosar tamén o rexeitamento do profesorado e as consecuencias que está circular terá para o alumnado e para o profesorado.

Peche na Escola Oficial de Idiomas de Vigo

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo está a levar adiante un peche os dias 15 e 16 de outubro. O encerro vén motivado pola circular 5/2009, nova proposta da Consellaria de Educación para as Escolas de Idiomas, á que se opón o profesorado afectado. Por este motivo, o profesorado do centro público de Vigo, xunto ao alumnado que desexe unirse a esta iniciativa, procederán ao peche os devanditos dias.

Asi, denuncian que "a circular 5/2009 é un arma de dobre fío que vén da mán da Consellaria de Educación: ataca ao profesorado afirmando que traballan menos horas das que realmente traballan, e afecta á calidade do ensino".

Á loita contra a circular 5/2009 sumáronse todas as Escolas de Idiomas de Galiza. De feito, continuando o camiño doutros centros como Ferrol, Pontevedra e A Coruña, que xa fixeron os seus respectivos peches, a escola de Vigo quere facer un chamamento ao diálogo co seu encerro, pois non só se opoñen ao contido da circular, senón que tamén están en contra do xeito en que foi posta en marcha: a circular presentouse en xullo, en período non lectivo, polo tanto o profesorado non puido reunirse en claustro para facer achegas e propostas, e sen ter pasado antes pola Mesa Sectorial de Educación, que é a representación sindical do profesorado.

Volver