Peche na Consellaría de Traballo e concentración de protesta contra os despedimentos e o recorte de servizos no Consorcio

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Hoxe, 18 de novembro, a CIG e traballadores do consorcio realizaron un peche na Consellaría de Traballo coincidindo coa reunión do Consello Directivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualade e Benestar, no cal se ía tratar o informe de Función Pública sobre as oposicións e sobre o convenio negociado e aprobado coas organizacións sindicais e referendado polos catro comités de empresa.

Peche na Consellaría de Traballo e concentración de protesta contra os despedimentos e o recorte de servizos no Consorcio

As concentracións realizadas hoxe tiñan por obxecto denunciar o despedimento de 61 traballadoras e traballadores e o desmantelamento das oficinas de I+B, reclamar aplicación do Convenio aprobado xa hai case un ano e iniciar con carácter inmediato realización das oposicións pendentes. Estas mesmas reivindicacións son as que motivan a convocatoria de folga para o día 24.

A CIG quere denunciar o uso fraudulento e partidario que o PP está facendo da administración en beneficio propio e saltándose a legalidade vixente. Só así se pode entender que O Director Xeral da Función Pública emita informes sobre cuestións que non son da súa competencia co único obxectivo de botar abaixo unhas oposicións negociadas e acordadas no propio Consorcio e que non foron postas en tea de xuízo, como demostran dous autos que sentencian que non se atoparon elementos que implicasen a paralización das probas. Este mesmo proceder estase a usar para botar abaixo diferentes aspectos do primeiro convenio das traballadoras e traballadores do Consorcio, negociado no mes de marzo, aprobado na Mesa de Negociación e ratificado polos catro comités de empresa. Malia que o propio informe sobre o convenio emitido polo Secretario Xeral da Función Pública recoñece que non lle corresponde emitir informe sobre dito convenio, aínda así, fai o informe, poñendo en cuestión certos aspectos. A CIG non admitirá, baixo ningún concepto, ningún rebaixe nin modificación sobre o convenio negociado e acordado.

A concentración desenvolveuse no recinto exterior da Xunta de Galiza e tamén na antesala do despacho da Conselleira de Traballo e Benestar. A pesar do carácter pacífico da protesta, a Conselleira de Traballo ordenou á policía que identificara a todos os participantes, unha vez finalizada a concentración.

A Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ten que saber que a CIG non vai aceptar ningunha xustificación para o desmantelamento do servizo e os postos de traballo, modificar o convenio e suspender as oposicións, xa que é unha decisión que lle corresponde a ela única e exclusivamente e non valen excusas nin informes. O vindeiro martes 24 está convocada unha folga en todos os centros de traballo dependentes do Consorcio, xunto cunha concentración en San Caetano para reclamar o mantemento destes servizos, a aplicación do convenio e a regularización das traballadoras e dos traballadores.

Peche na Consellaría de Traballo e concentración de protesta contra os despedimentos e o recorte de servizos no Consorcio from cig-ensino on Vimeo.



Hoxe, 18 de novembro, a CIG e traballadores do consorcio realizaron un peche na Consellaría de Traballo coincidindo coa reunión do Consello Directivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualade e Benestar, no cal se ía tratar o informe de Función Pública sobre as oposicións e sobre o convenio negociado e aprobado coas organizacións sindicais e referendado polos catro comités de empresa.

Volver