Para a CIG-ENSINO a última proposta da Consellaría sobre a implantación da xornada única nos Centros de Educación Infantil e Primaria continúa sendo un engano e inaceptábel

Resultado da Mesa Sectorial do 21 de decembro de 2008

Hoxe, 21 de decembro, na Mesa Sectorial docente, a CIG-ENSINO e todas as organización sindicais mantivemos unha única posición esixíndolle á Consellaría a retirada do proxecto presentado para a regulamentación dos criterios para a implantación da xornada única, un fragmento do cal reproducimos ao final desta nota. A petición da retirada baséase en que a proposta presentada pola Consellaría é aínda máis restritiva que a regulamentación actual, pois vincula a aprobación da implantación desta xornada a que sexa aprobada polo servizo de transporte e esixe os 3/5 dos votos favorábeis, computando nai e pai ou os dous titores legais.
Para a CIG-ENSINO a última proposta da Consellaría sobre a implantación da xornada única nos Centros de Educación Infantil e Primaria continúa sendo un engano e inaceptábel
 
Hoxe, 21 de decembro, na Mesa Sectorial docente, a CIG-ENSINO e todas as organización sindicais mantivemos unha única posición esixíndolle á Consellaría a retirada do proxecto presentado para a regulamentación dos criterios para a implantación da xornada única. A petición da retirada baséase en que a proposta presentada pola Consellaría é aínda máis restritiva que a regulamentación actual, pois vincula a aprobación da implantación desta xornada a que sexa aprobada polo servizo de transporte e esixe os 3/5 dos votos favorábeis, computando nai e pai ou os dous titores legais.
Ao non acceder a Consellaría a aceptar a nosa proposta negámonos a continuar a negociación, emprazándoa a que presente, para despois de Nadal, un novo documento, do contrario actuaremos en consecuencia. Ademais, ante a proximidade das posturas, as Organizacións Sindicais acordamos manter unha reunión proximamente para acordar unha proposta conxunta baseada nos criterios antes recollidos.
 
A CIG-ENSINO, ademais da concentración levada a cabo o pasado 19 de decembro, está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas esixindo criterios menos restritivos para a implantación da xornada única, entre outros os seguintes:
Ø Que para proceder á modificación da xornada se requira a participación do 50% do censo e o voto afirmativo dos 2/3 dos participantes, entendendo un voto por unidade familiar.
Ø Que a implantación da xornada única non estea condicionada polo transporte escolar. Que se supriman as dobraxes do transporte nin ao custe deste servizo e do comedor escolar.
Ø Que a Administración educativa garanta a todos os centros os servizos complementarios e as actividades extraescolares, independientemente do tipo de xornada.
 
A campaña está tendo grande acollida nos centros, pois a maioría deles xa lle enviaron á Consellaría o prego de sinaturas coas reivindicacións.
            A CIG-ENSINO manifestou na Mesa que emprenderá mobilizacións en prol da negociación duns criterios que flexibilicen a implantación da xornada única, que é o que esta organización sindical e o conxunto do profesorado veñen demandando.

Volver