Ourense vibra na defensa do galego cunha nova edición do Correlingua que reuniu a arredor de 1400 estudantes

Arredor dunha vintena de centros reivindicaron activamente o uso do galego baixo o lema "A mocidade activa por unha lingua digna".

As rúas de Ourense e o Auditorio Municipal acolleron arredor de 1.400 rapaces e rapazas que reivindicaron o galego como lingua viva nunha xornada na que a música e a festa tiveron moito protagonismo.

As rúas e o auditorio municipal de Ourense acolleron nesta xornada unha nova reivindicación para poder vivir en galego, dentro e fóra das aulas. Ás 10 da mañá arrancaba un día intenso con dúas quendas de espectáculos. En primeiro lugar o alumnado do IES San Mamede e do IES 12 de Outubro subiu ler o manifesto antes da actuación do grupo John Deeres. A condutora do acto, a actriz Isabel Risco avivou a rapazada asistente dos institutos participantes. 

Na segunda quenda, que comezou ás 12:30 horas, o alumnado protagonista foi o dos colexios de infantil e primaria. Nunha lectura do manifesto moi participativa, con estudantes do CPR Cardenal Cisneros, CEIP A Ponte, CEIP Mestre Vide, CEIP Filomena Dato e CPR Concepción Arenal. Ademais do grupo musical, tamén participaron na amenización alumnos e alumnas do CEIP de Luíntra e do CEIP O Couto.

En total, foron máis de 1.400 asistentes a unha xornada na que houbo festa, música e moita fachenda por falar e querer estudar, medrar e vivir en galego. 

Centros participantes

Ourense: IES O Couto - IES 12 de Outubro – IES Eduardo Blanco Amor – CPR Seminario Menor Ourense A Inmaculada – CPR Cardenal Cisneros – CPR Concepción Arenal - IES Otero Pedrayo - IES Julio Prieto Nespereira - CPR Mª Auxiliadora Salesianos- CPI Plurilingüe José García García - CEIP A Ponte - CEIP Plurilingüe Irmáns Villar - CPR Cardenal Cisneros - Ceip O Couto  – CPR Concepción Arenal - CEIP Mestre Vide

Maceda: IES San Mamede 

Barbadás: CEIP Filomena Dato

Nogueira de Ramuín: CEIP Plurilingüe de Luíntra

Para a celebración desta xornada contouse coa colaboración do Concello e da Deputación de Ourense.

Volver