Os servizos mínimos no Ensino Público Galego na folga deste mércores son dunha persoa da dirección
Nesta mesma nota tedes toda a información sobre os Servizos Mínimos do persoal non docente dos centros educativos do ensino público galego e do persoal das Universidades Galegas
Desde a CIG-Ensino defendemos, como en anteriores folgas, que non habería que fixar servizos mínimos posto que o ensino pecha os fins de semana.
Ligazón ao DOG cos Servizos Mínimos
Para a folga xeral os servizos mínimos do Ensino Privado, incluíndo os centros concertados, son os mesmos que no Ensino Público.
Os Servizos mínimos anunciados pola Consellaría para o persoal docente do ensino público non universitario aínda sendo aceptábeis, dificultan que o profesorado das unitarias exerza o seu dereito a folga con normalidade, polo que a CIG-Ensino non os aceptou.
A CIG-Ensino denuncia que o profesorado das unitarias verá dificultado o seu dereito a secundar a folga ao se incluír a obriga de garantir a apertura e peche de todos os centros.
A CIG-Ensino mostrou na xuntanza o seu rexeitamento aos servizos mínimos propostos ao entender que non debería ser preceptivo que todos os centros educativos tivesen a obriga de permanecer abertos, o que de por si supón unha clara limitación para que as mestras e mestres que traballan en unitarias (non dependentes de ningún CRA) poidan secundar a folga.
Desde a CIG-Ensino entendemos porén que se mantén o feito nas últimas folgas de incluír as unitarias nos centros de menos de seis unidades, col cal a mestra ou mestre da unitaria poderá ser substituído por un membro calquera do equipo docente da mesma.
A tratarse dunha folga xeral e non dunha folga de persoal docente a Consellaría fixa tamén servizos mínimos para o resto do persoal dos centros:
- Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa.
- Un encargado do cátering en cada un dos comedores de xestión indirecta.
- 1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría.
- O 20 % do persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes.
Servizos mínimos nas Universidades Galegas
En canto ás universidades galegas desde a CIG-Ensino seguimos mantendo, ao igual que nos centros do ensino non universitario, que non hai que fixar servizos mínimos nos centros que pechan en fin de semana.
Universidade de Santiago de Compostela.
Campus de Santiago e de Lugo.
Residencias e colexios maiores.
– 1 persoa de conserxaría por edificio e quenda de traballo.
Centros docentes da USC.
– 1 persoa de conserxaría por quenda de traballo.
Campus de Santiago.
Reitorado.
– 1 persoa de conserxaría por quenda de traballo.
– 1 funcionario/a no Rexistro Xeral.
– 1 secretario/a da reitora.
Biblioteca Concepción Arenal.
– 1 persoa de conserxaría por quenda de traballo.
Campus de Lugo.
Vicerreitorado de Organización Académica e do Campus de Lugo, Planificación Económica e Infraestruturas.
– 1 persoa de conserxaría por quenda de traballo.
– 1 secretario/a da vicerreitoría.
Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros.
– 1 persoa de conserxaría por quenda de traballo.
– 1 funcionario/a no Rexistro.
Universidade da Coruña.
– 1 empregado/a da área de conserxaría por quenda de traballo en cada facultade, escola, centro de investigación e demais centros administrativos.
– 1 funcionario/a no rexistro oficial de cada campus.
– 1 empregado/a do persoal de secretaría do reitor, e dos/das vicerreitores/as dos campus onde non estea a sede reitoral.
Universidade de Vigo.
– Para a atención de posibles incidencias proponse un empregado/a do persoal de secretaría do Reitorado, un/ha empregado/a da secretaría da Xerencia e un empregado/a da secretaría do Vicerreitorado de Pontevedra.
– Para a atención os rexistros proponse un/ha funcionario/a en cada un dos rexistros oficiais da Universidade de Vigo (Campus de Vigo As Lagoas-Marcosende e Campus de Pontevedra).
– Para a atención da conserxaría e libro de sinaturas, proponse un empregado/a da área de conserxaría por quenda de traballo en cada facultade, escola, centro de investigación e demais centros administrativos
Ligazón á nova dos Servizos Mínimos da folga Xeral do 11 de novembro na páxina da CIG
Novas relacionadas

