Os resultados da avaliación de diagnóstico de 4º de Primaria e 2º da ESO son ineficaces para mellorar a calidade do ensino

Avaliación de diagnóstico

Nestes días, están a chegar aos centros os datos da avaliación de diagnóstico. Para a CIG-Ensino, tanto os datos recollidos pola Consellaría como a forma en que os remite aos centros só serve para clasificalos socialmente. A información que se lles envía revela a súa inutilidade, pois nin achega información sobre os problemas detectados para ser corrixidos, nin supón ningún tipo de solución ou proposta para mellorar a rendibilidade do alumnado. Trátase simplemente dunha clasificación respecto de dous parámetros (a media galega e a media para o grupo ISEC –Índice Socioeconómico e Cultural-), que xa parten dunha clasificación previa que en ningún caso se especifica de que maneira foi estabelecida. Á vista dos datos enviados por Educación, a conclusión é que foi demasiado traballo para un resultado moi pobre e innecesario, pois nin sequera cumpre a finalidade que ten por obxecto: formativa e orientativa para os centros e informativa para as familias.

A CIG-Ensino xa denunciara o procedemento seguido pola Consellaría, en primeiro lugar porque sobrecargou de burocracia os centros e porque non ofrecía garantías de ser elaborado con equidade e por igual en todos os centros. A CIG-Ensino recibiu queixas de que en centros privados concertados o alumnado foi preparado para a realización destas probas cos mesmo exames que os terían que avaliar, o que, de comprobarse, sería unha clara irregularidade. Por outro lado, as probas non reunían as condicións apropiadas, pois no caso concreto de matemáticas, onde se recollen os peores resultados, as probas non eran axeitadas nin estaban debidamente presentadas, dándose casos de problemas que non se podían resolver cos datos achegados.
 
A CIG-Ensino esixe que as probas se realicen coas máximas garantías, nunha mesma data, chegando aos centros ao mesmo tempo (mesmo poderían ser realizadas a través dunha aplicación informática) e coa finalidade de achegar propostas para mellorar a rendibilidade do alumnado. Ademais o procesamento dos datos debería estar centralizo, non só para descargar os centros dun excesivo traballo burocrático, senón para garantir o mesmo tratamento para os datos.
 
Neste momento, a Consellaría aínda non comunicou como se vai realizar a avaliación de diagnóstico este ano e, considerando que se deben facer ao alumnado que remata 4º de Primaria e 2º da ESO, os centros deberían ter xa algún tipo de información. Atrasar a realización desta proba complicará o traballo dos centros, pois canto máis se atrase, máis se achega e coincide coas avaliacións finais. Existe o risco de que novamente se realicen fóra do prazo previsto o que tamén altera os resultados que se pretenden obter.
 
Más alá da nosa consideración deste tipo de avaliacións, que están amosando a súa ineficacia e malos resultados, baixo ningún suposto poden comportar a clasificación de centros en diferentes categorías, segundo o resultado da avaliación. Por iso rexeitamos que publiciten os datos correspondentes de cada centro por ser unha información que concirne exclusivamente aos centros. Ao mesmo tempo, exiximos que a avaliación deste curso non interfira na avaliación final.

Volver