
Os delegados e delegadas da CIG-Ensino maniféstanse demandando o mantemento do dereito a xubilarse anticipadamente
Dereito indefinido a xubilación anticipada do profesorado
Os delegados e delegadas da CIG-Ensino maniféstanse demandando o mantemento do dereito a xubilarse anticipadamente
Na concentración que se realizou hoxe, 3 de marzo, diante da Consellaría de Educación, á que asistiron delegados e delegadas da CIG do ensino público, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, fixo un balance das accións e campañas que
Subliñou que, nestes últimos cursos, se fixo entrega de máis de 23.000 sinaturas, tanto ao Ministerio como á Consellaría, e que se continuou e continúa con diversas acción para exixir á Consellaría de Educación que abra negociacións para mellorar a gratificación da xubilación anticipada, xa que está por debaixo doutros territorios do Estado, e lembrarlle a súa obriga de defender diante do Ministerio a necesidade de conseguir como dereito indefinido que nos poidamos xubilar anticipadamente.
O secretario nacional tamén manifestou a súa preocupación por que este tema non estea recollido na proposta de Pacto pola Educación, feita polo Ministerio, afirmando que para a CIG-Ensino será unha cuestión irrenunciábel para darlle o noso apoio a calquera acordo.
O recoñecemento ao labor docente e a aposta para crear emprego son argumentos suficientes para consolidar este dereito, que o profesorado vén gozando desde o ano 1992 e que a LOE estabelece até o 2011 e que, ao mesmo tempo, recolle o seguinte: “Antes da finalización, do período de implantación da presente Lei, establecido na disposición adicional primeira, o Goberno,previa consulta ás Comunidades Autónomas, procederá á revisión do tempo referido ao réxime de xubilación voluntaria así como dos requisitos esixidos.”
Anunciou tamén, Anxo Louzao, que continuarán as mobilizacións e accións que se veñen levando a cabo, incrementando a súa intensidade a medida que se achega o remate do período en que podemos gozar deste dereito para que se manteña a súa continuidade indefinida.
EVOLUCIÓN DA XUBILACIÓN ANTICIPADA