Os datos indican que a folga xeral vai ser moi maioritaria no ensino público galego.

A participación nas case 2000 asembleas dan unha previsión dunha alta participación o 29M

A CIG-Ensino conta xa cos datos de previsión de participación na folga dos centros de Vigo, onde hoxe é festivo, e doutros centros que xa foron decidindo nestes días a súa participación na folga xeral deste xoves 29 de marzo. Estes datos indican que no ensino público galego a prticipación na folga vai ser moi maioritaria. Cómpre sinalar que nalgúns destes centros a folga vai ter unha incidencia do 100%.

A CIG-Ensino valora moi positivamente a grande asistencia e participación nas case 2000 asembleas realizadas durante este mes e medio previo á folga, asembleas realizadas en escolas infantís, centros de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Educación especial, Escolas de ensinanzas artísticas e Universidade. Nestas asembleas as traballadoras e os traballadores do ensino mostraron o seu rexeitamento aos recortes en Educación e á reforma laboral que pretende destruír os nosos dereitos laborais. Por este motivo mostraban xa a súa disposición a participar masivamente na folga e nas manifestación convocadas ao longo do país.

A CIG-Ensino valora que esta participación é a mostra máis contundente do rexeitamento do profesorado ás medidas de recorte permanente nos servizos públicos nomeadamente no ensino. Agardamos que o Conselleiro de Educación tome nota e cese na súa política involutiva e de redución do profesorado e desmantelamento do ensino público e o Goberno Central retire a Reforma Laboral.

Os datos indican que a folga xeral vai ser moi maioritaria no ensino público galego.

Volver