Os centros educativos de Infantil e Primaria continúan sen administrativos e porén recae sobre eles a xestión da gratuidade de libros de texto

CEIPS e Administrativos.

A CIG-Ensino quere facerse eco do malestar existente nos centros de ensino primario do País perante a información emitida semanas atrás pola Consellaría de Educación respecto á xestión do programa de gratuidade de libros. Segundo as ditas informacións, este sistema de xestión, para o cal se van licitar 450.000 €, sería realizado por unha empresa privada que, en palabras da Conselleira, “vai liberar de carga de traballo aos equipos directivos”...

Os centros educativos de Infantil e Primaria continúan sen administrativos e porén recae sobre eles a xestión dagratuidade de libros de texto

A CIG-Ensino quere facerse eco do malestar existente nos centros de ensino primario do País perante a información emitida semanas atrás pola Consellaría de Educación respecto á xestión do programa de gratuidade de libros. Segundo as ditas informacións, este sistema de xestión, para o cal se van licitar 450.000 €, sería realizado por unha empresa privada que, en palabras da Conselleira, “vai liberar de carga de traballo aos equipos directivos”.  Dende os equipos directivos aos que a se fai alusión, vénse de cualificar esteanuncio como de engano á opinión pública e unha auténtica burla para quen está a realizar e vai continuar realizando un inxente traballo burocrático, isto é, os propios centros, pois, as tarefas que levará a cabo a devandita empresa “colaboradora”, redúcense á tramitación do pagamento aos libreiros, en canto que a inxente labor de información ás familias sobre o procedemento de adquisición dos libros, a expedición das autorizacións de compra e a posterior clasificación e entrega dos mesmos, cálculo de reposicións, etc. segue a recaer sobre o centro educativo.Dende a CIG-Ensino, denunciamos estas medidas de cara á confundir a opinión pública, feito ao que nos vén acostumando a Consellaría para eludir o problema de fondo, tal que é a ausencia de persoal administrativo na inmensa maioría dos centros de primaria. Dotar os mesmos deste persoal é unha das reivindicacións nas que a CIG-Ensino ten insistido con máis firmeza nos últimos tempos.

Volver