Orzamentos de educación 2011: Atentado contra o ensino público

Tras analizar as partidas orzamentarias, a CIG-Ensino denuncia que sofren un recorte do 6,77% (161 millóns de euros) respecto de 2010, cando xa neste ano decreceran nuns 6 millóns de euros, o 0,9% menos que en 2009. “Estamos ante uns orzamentos que só garanten a escolarización nos tramos obrigatorios mais non unha atención educativa indispensábel para garantir a calidade necesaria”.

Por iso, o secretario nacional de CIG-Ensino afirmou que “non son aceptábeis, porque están pensados en clave privatizadora, reforzando o ensino privado en detrimento do público, impiden cubrir as necesidades máis perentorias e dotar os centros de suficiente profesorado”. A isto, Louzao engadiu que “desprezan o profesorado, reducíndolles os seus salarios, acurtando a oferta de emprego público e non satisfacendo a demanda de redución de horario lectivo aos maiores de 55 anos e o dereito indefinido a podérmonos xubilar anticipadamente”

Volver