Convocatoria de destinos provisionais 2016-2017

Toda a información e seguimento da adxudicación de destinos provisionais de secundaria

Convocatoria  

ORDE do 2 de xuño de 2016 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2016/17, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño (DOG 20/06/2016) Ligazón

Adxudicación defintiva de destinos provisionais de secundaria (DOG 15/09/2016) Ligazón

Anexo: Códigos localidades e centros

Prazo para cubrir a instancia na web

Para todo o profesorado desprazado e en expectativa de destino, profesorado en prácticas e pendente de nomeamento de funcionario de carreira, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas e interinos, substitutas e substitutos, o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no DOG.

Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016, o prazo será de tres días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación na lista de aprobados polos tribunais.

LIGAZÓN AO CADP

Volver