Oposicións Corpos de Secundaria 2026
Seguimento da información sobre as oposicións ao corpo de secundaria
Ligazón á páxina web de inscrición nas oposicións
Tribunais da proba de galego
Listado provisional de admitidas e excluídas
Prazo de reclamacións: do 20 de abril ao 4 de maio
As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido no apartado segundo da base sexta da Orde do 18 de febreiro de 2026
Para realizar reclamacións á listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
2- Autenticarse mediante calquera dos mecanismos admitidos na sede electrónica (Chave365, certificado electrónico,...)
3.- Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo do ano 2026 (código de procedemento ED001A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á ESPECIALIDADE E CONVOCATORIA DO ANO 2026.
4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.
No caso das persoas que non figuren na listaxes de persoas admitidas/excluídas as alegacións deberán realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica (menú Trámites, Solicitude xenérica)
Resultado do sorteo dos tribunais
Tribunais
Causas exención e recusación dos tribunais de oposición. Ligazón
Infografía coas causas de exención e recusación dos tribunais.
Infografía coa explicación da orde de substitución nos tribunais.
Convocatoria
Convocatoria no DOG. Ligazón
Corrección de erros sobre a data das probas de coñecemento de idioma. Ligazón
Prazo de presentación de solicitudes: do 24 de febreiro ao 16 de marzo
Oferta de Emprego Público
DECRETO 6/2026, do 16 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. Ligazón



