Oposicións corpo de mestres 2026
Seguimento da información sobre as oposicións ao corpo de mestres
Ligazón á páxina web de inscrición nas oposicións
Convocatoria
Convocatoria no DOG. Ligazón
Corrección de erros sobre a data das probas de coñecemento de idioma. Ligazón
Prazo de presentación de solicitudes: do 24 de febreiro ao 16 de marzo
- Modificación tema 11 da especialidade de Primaria
⚠️ Despois de que a CIG-Ensino lle trasladara á Consellaría que o Ministerio de Educación publicara unha circular coa modificación do tema 11 da especialidade de Primaria, a Consellaría incorporouna na web de Oposicións.
Oferta de Emprego Público
DECRETO 6/2026, do 16 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. Ligazón



