O Xerente do Consorcio, demostrando o seu talante ditatorial, volve desaloxar ás delegadas e delegados da CIG

Actitude intolerante e prepotente do xerente

Néganse a recibir ás delegadas e delegados da CIG para falar da aplicación do Convenio, xa negociado, e da situación actual e futura do Consorcio. As delegadas e delegados do Consorcio de servizos de Igualdade e Benestar, pechados hoxe, 26 de maio, desde as 11:30 até que as 13:00 horas, foron desaloxados pola policía por orde do Xerente do Consorcio.
  O Xerente do Consorcio, demostrando o seu talante ditatorial, volve desaloxar ás delegadas e delegados da CIG

 

Néganse a recibir ás delegadas e delegados da CIG para falar da
aplicación do Convenio, xa negociado, e da situación actual e futura do Consorcio.

 

As delegadas e delegados do Consorcio de servizos de Igualdade e Benestar, pechados hoxe, 26 de maio, desde as 11:30 até que as 13:00 horas, foron desaloxados pola policía por orde do Xerente do Consorcio.

Este novo peche é debido a que desde hai catro meses a Xerencia do Consorcio está a adiar unha xuntanza de negociación á cal se comprometeu.

Esta entrevista foi solicitada en numerosas ocasións, e incluso anunciada polo Xerente do Consorcio en escrito de 8 de marzo, fixando a data para os vindeiros días, desde a CIG pensamos que os vindeiros días xa pasaron e de aí o peche nas instalacións do Consorcio para conseguir ser recibidos, isto, non foi posíbel xa que o Xerente do Consorcio dou orde a policía de desaloxarnos.

Cómpre lembrar que está sen aplicar o convenio, paralizadas as oposicións, a máis de numerosos problemas de funcionamento diario no Consorcio.

Neste marco, a administración négase a recibir, informar e negociar cos traballadores e traballadoras, cunha actitude desprezativa e insensíbel co colectivo de empregados/as, máis tamén co conxunto dos usuarios destes servizos esenciais para o benestar do noso País.

O xeito irresponsábel e totalitario de actuar na xestión destes servizos só se pode entender desde a óptica privatizadora que están a aplicar para sacar beneficio destas actividades, tratando o persoal como mercadoría e non como traballadores e traballadoras con dereitos, o cal se fai aínda máis incomprensíbel desde a Consellaría de Traballo. 

Esperamos que ao menos o xerente faga efectiva dunha vez a nosa petición de entrevista e na semana que vén sexamos recibidos.

Volver